Christian Escuredo interpretará el personaje de ROLF el viernes 20 (22h.) y sábado 21 (22h.) de julio en el Teatro Caixanova de VIGO, y el viernes 27 (22h.) y sábado 28 (22h.) en el Palacio de la Ópera de A CORUÑA.
Entradas ya a la venta desde www.sonrisasylagrimas.com
CHRISTIAN ESCUREDO “ROLF”
La Región, 4/07/2012
Xosé Manuel Piñeiro
Escríbeme o actor valdeorrés Christian Escuredo para informarme de que segue felizmente coa xira do espectáculo musical “Sonrisas y Lágrimas” que no decembro pasado estrearan con grande éxito no Auditorio de Tenerife. Neste mes de xullo chegarán a Galicia, en principio a Vigo e A Coruña, aínda que el desexaría poder subirse ó escenario do Auditorio ourensán. Christian interpreta o papel de “Rolf” nesta historia baseada nas vicisitudes da familia “Trapp” durante a ocupación nazi de Austria. Un musical que desembarcara en Broadway no ano 1959 antes de chegar a ser todo un acontecemento mundial a través da súa versión cinematográfica de 1965, consagrando á gran Julie Andrews quen xa triunfara un ano antes con “Mary Poppins”.
A producción que chega a Galicia é a máis grande que ten xirado polo territorio español, e ven coa garantía de estar dirixida por Jaime Azpilicueta, responsable do éxito dos musicaís “Jesucristo Superstar”, “Cabaret”, “Evita” ou “My fair lady”, entre moitos outros, lanzando ó estrelato a artistas da talla de Paloma San Basilio ou Camilo Sesto. É un dos directores españois con máis recoñecementos e premios a nivel internacional, e para el reserva o actor de O Barco os seus mellores eloxios. Dicir tamén que a representación ourensá, ademáis de Christian Escuredo, complétase coa presenza no elenco do actor Pablo Rivero Madriñán, un dos motores da compañía madrileña “611 Teatro”..