“Eduardo Barreiros, o Henry Ford español”, película participada pola Televisión de Galicia, acudirá aos próximos festivais de cine de Ourense e de Igualada. A primeira cita será na cidade galega con motivo da 16 edición do Festival de Cine Internacional de Ourense, que se desenvolverá entre o 14 e o 26 de outubro, para exhibirse no apartado “Sesións Especiais”. En novembro, esta produción inspirada na vida do empresario ourensán participará na novena edición do Zoom Festival 2011, en Igualada (Barcelona), na sección competitiva de ‘Películas para TV’, xunto con outras nove producións, cinco das cales son españolas, tres alemás, unha holandesa e outra francesa.
Dirixida por Simón Casal de Miguel, “Eduardo Barreiros, o Henry Ford español” está producida por Continental Producciones e Salero Films, e conta nos papeis protagonistas con Manuel Regueiro e Christian Escuredo.
Ver TRAILER