«A pesar de todo quérote» en O Barco (Ourense)

APESARDETODO
O Teatro Lauro Olmo acollía o acto de presentación desta película, organizado polo Cine Club Groucho Marx.

É unha película “na que existe unha tensión permanente entre pasado e presente, non segue unha orde habitual, senón que vai dando as claves de por qué acontecen as cousas”. Con estas palabras se refería a “A pesar de todo, quérote” (2011, Adivina Producciones), o seu director, Jorge Algora. Pronunciábaas na tarde do 23 de novembro no Teatro Lauro Olmo do Barco, nun acto promovido polo Cine Club Groucho Marx e que contaba coa presenza dun dos seus protagonistas, o actor valdeorrés Christian Escuredo, e da produtora do filme, Susana Maceiras.

Algora destacaba tamén “a oportunidade de traballar cun grupo de actores novos, pero cun plantexamento formidable” e referíase en concreto ao papel de Christian Escuredo matizando que se “trata dun personaxe complicado de facer, necesitaba a alguén que tivera a valentía de interpretalo”. Pola súa banda, Escuredo aseguraba que este filme, que conta como un accidente de tráfico acontecido anos atrás muda por completo a vida dun grupo de mozos, “non foi moi difícil, tendo a un director que sabe cales son as ferramentas dos actores porque el estudou interpretación, e iso é importante”.

O turno de intervencións completábao a produtora Susana Maceiras, incidía en que “A pesar de todo, quérote” é unha película de xente xove con moita proxección e que tamén ten un trasfondo, que é o da condución”. De seguido, as luces do Teatro Lauro Olmo apagánbase e o público asistente desfrutaba deste traballo cinematográfico.

APESAR

Páxinas relacionadas:

La Voz de Galicia
Noticias Valdeorras
O Sil

Esta entrada fue publicada en General. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *